Nova

Mar reúnese coa confraría de Portosín no marco da escoita activa que mantén co sector

1 de 1

Santiago de Compostela, 3 de febreiro do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este martes co patrón maior da confraría de pescadores de Portosín, Isaac Gaciño, no marco da rolda de contactos que as distintas áreas da Consellería do Mar están a levar a cabo cos axentes socioeconómicos do sector marítimo-pesqueiro.

No encontro, Rosón reiterou o compromiso da Xunta co sector e falouse da importancia da promoción e posta en valor dos produtos do mar de Galicia. A xuntanza serviu, por tanto, para dar continuidade á estratexia da Administración autonómica de reforzar a cooperación cos pósitos, no senso de impulsar conxuntamente un sector sostible, competitivo e con futuro.

Imaxes relacionadas