Nova
Villaverde destaca a IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro na posta en valor da cultura do mar
A conselleira do Mar asistiu ao encontro deportivo e participou na entrega de premios
Viveiro (Lugo), 7 de febreiro do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, organizado polo Club de Remo de Celeiro, e na que participaron os mellores equipos de Galicia, así como numerosas embarcacións procedentes de distintos puntos da xeografía galega.
Villaverde aproveitou a ocasión para por en valor o papel desta disciplina, pois “trátase dun deporte cunha vinculación directa coa tradición mariñeira galega e, por tanto, que vai na liña das accións e dos obxectivos que perseguimos desde a Consellería”. En consecuencia, engadiu, “apoiar este tipo de eventos e categorías é fundamental para garantir o remuda xeracional e para manter viva a cultura do mar e dinamizar as vilas costeiras”.
Logo da entrega de premios, a responsable autonómica felicitou aos participantes e aos organizadores da iniciativa que tamén supón, dixo, “un profundo respecto polo medio mariño”. A cuarta edición desta cita deportiva contou cunha ampla participación, consolidándose como un referente na comarca da Mariña.