Nova

A Xunta analiza coa Confraría da Coruña as principais necesidades do sector pesqueiro local

1 de 1

Santiago de Compostela, 6 de febreiro do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantiveron un encontro con representantes da Confraría da Coruña para analizar a situación actual do sector e coñecer de primeira man as súas principais demandas e liñas de traballo.

Durante a reunión abordáronse diferentes cuestións relacionadas coa actividade pesqueira e marisqueira. O encontro permitiu intercambiar impresións sobre as necesidades da confraría e estudar posibles vías de colaboración en proxectos de carácter estratéxico para reforzar a súa competitividade e sustentabilidade. A Xunta reiterou o seu compromiso de manter unha interlocución constante coas entidades representativas do ámbito pesqueiro, co obxectivo de avanzar nun modelo de xestión baseado no diálogo e na colaboración co propio sector.

Imaxes relacionadas