Nova

Villaverde e Fundamar abordan proxectos en marcha e estudan vías de colaboración

1 de 2
2 de 2

A conselleira destacou a aposta desta entidade polo desenvolvemento sostible, a innovación e a mellora da calidade de vida dos traballadores do mar

Santiago de Compostela, 9 de febreiro do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este luns con representantes de Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar), na que analizaron os proxectos postos en marcha pola entidade e estudaron posibles vías de colaboración que permitan impulsar a actividade marítimo-pesqueira.

Deste xeito, a responsable autonómica puxo en valor o traballo desta entidade, centrado no desenvolvemento sostible, a aposta pola innovación e a mellora da calidade de vida dos profesionais do mar. Villaverde continuou así coa rolda de contactos que está a levar a cabo cos distintos axentes do sector, en aras de reforzar a colaboración e o diálogo institucional para por en marcha políticas que dean resposta ás necesidades actuais do tecido socioeconómico pesqueiro, permitíndolle, en paralelo, á cadea mar-industria afrontar os desafíos futuros.

É o caso do proxecto Farclimate, unha acción liderada por Fundamar e na que o Galp Ría de Pontevedra colabora activamente, grazas ao apoio económico da Xunta. Esta iniciativa permitiu a creacións de Living Labs, espazos e puntos de encontro onde investigadores, empresas, administracións e a propia cidadanía unen o seu traballo para implementar medidas de adaptación específicas para as comunidades pesqueiras galegas, axudándoas a afrontar retos ambientais e a identificar novas oportunidades dentro da economía azul.

Imaxes relacionadas