Nova

Mar reúnese con Agalcari para reforzar a posta en valor da carpintería de Ribeira

1 de 1

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes da asociación

Santiago de Compostela, 9 de febreiro do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo este luns una reunión coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), na que ambas as partes analizaron o estado actual do sector e estudaron liñas de colaboración en prol da preservación e promoción do patrimonio marítimo galego, en termos de adaptación ás novas tecnoloxías e á apertura de mercados.

Agalcari ten un papel destacado na conservación dos oficios tradicionais vinculados ao mar, destacando a súa contribución á identidade cultural de Galicia, á xeración de emprego e á transmisión de coñecementos ás novas xeracións; un obxectivo que conta coa colaboración da Consellería do Mar, a través de distintos programas e liñas de apoio económico e técnico. 

A reunión enmarcouse na vontade da Administración autonómica de manter un diálogo permanente co tecido asociativo vinculado ao mar que, neste caso, está dirixido a garantir a protección, valorización e proxección da potencialidade do legado tradicional marítimo das rexións costeiras.

Imaxes relacionadas