Nova
Mar traslada a AECOC o compromiso coa competitividade, a innovación e a sustentabilidade do sector
Santiago de Compostela, 10 de febreiro do 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo mantivo este martes unha reunión con representantes de AECOC, a Asociación de Fabricantes e Distribuidores, co obxectivo de seguir afondando na colaboración e posta en marcha de accións que permitan impulsar á produción, transformación e comercialización de produtos do mar.
Durante o encontro, ambas partes intercambiaron impresións sobre a evolución dos mercados, a cadea de subministración e os custos loxísticos e produtivos. O director xeral destacou a importancia deste tecido industrial e comercial para a economía galega e reiterou o compromiso da Consellería que dirixe Marta Villaverde co impulso da competitividade, a innovación e a sustentabilidade do sector.
A reunión permitiu reforzar as vías de diálogo entre a Administración autonómica e AECOC, coa vontade compartida de continuar traballando de maneira coordinada para afrontar os desafíos presentes e futuros do sector.