Nova

Mar destaca a aposta de Porto-Muíños pola diversificación dos produtos do mar

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Sada (A Coruña), 11 de febreiro do 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, acompañada da directora territorial de Mar da Xunta na Coruña, María Cancelo, visitaron este mércores as instalacións da empresa Porto-Muíños, situadas no municipio de Sada, onde comprobaron a aposta desta factoría pola diversificación dos produtos do mar, a través da revalorización das algas mariñas e o seu proceso de transformación, así como as diferentes liñas de produto que a empresa distribúe tanto no mercado nacional como internacional.

O encontro serviu tamén para por en valor a importancia de apostar pola innovación e o aproveitamento sostible dos recursos mariños, dúas das potencialidades que ofrece a economía azul tanto en termos de competitividade empresarial como de emprego no ámbito costeiro.

A visita enmárcase na rolda de contactos que a Consellería do Mar está a manter coas empresas e entidades do sector, co fin de coñecer as súas necesidades e impulsar medidas que afonden no desenvolvemento dun modelo produtivo sostible, baseado no coñecemento científico e no respecto polo medio mariño.

Imaxes relacionadas