Nova

A Xunta reforza a colaboración co sector da pesca recreativa nunha reunión con Fedpemar

1 de 1

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes deste colectivo para coñecer as súas inquedanzas

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este mércores con representantes da Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (Fedpemar) co fin de reforzar a colaboración co sector da pesca recreativa para favorecer o desenvolvemento ordenado desta práctica e garantir a súa convivencia co resto dos usos do medio mariño.

A este respecto, o encontro serviu para afondar na importancia de contar cun marco normativo claro e estable, e tendo claras as particularidades e o funcionamento do sector. Neste senso, abordáronse posibilidades de colaboración ou de apoio institucional para o desenvolvemento de iniciativas  divulgativas.

Con esta xuntanza, a Consellería do Mar, a través do departamento que dirixe Rosón, proseguiu coa rolda de encontros e contactos cos distintos axentes socioeconómicos en aras de reforzar a actividade marítimo-pesqueira e todos os elos que a conforman.

Imaxes relacionadas