Nova

Villaverde destaca a achega de máis de 521.000 € para o desenvolvemento da actividade na confraría de Cedeira no 2025

1 de 3
2 de 3
3 de 3

A conselleira do Mar analizou cos representantes do pósito os últimos investimentos realizados

Cedeira (A Coruña), 28 de febreiro do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este sábado coa confraría Santa María do Mar de Cedeira para avaliar os últimos investimentos realizados neste pósito, e que permitiron aumentar a eficacia no desenvolvemento da actividade que presta.

Concretamente, no 2025, a Xunta achegou a esta entidade pesqueira máis de 521.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa). Un esforzo inversor que contribuíu, entre outras actuacións, a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, a mellora de equipos, a modernización e acondicionamento da nave de caixas, así como a rexeneración e recuperación dos bancos marisqueiros e a capacitación dos profesionais, grazas ás accións formativas impartidas.

No transcurso do encontro, no que participaron a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, a conselleira tamén se interesou polas necesidades desta agrupación, co fin de establecer futuras vías de colaboración que afonden no impulso da xestión pesqueira desta vila mariñeira.

Imaxes relacionadas