Nova
Mar prosegue con Stolt Sea Farm a rolda de contactos cos axentes socioeconómicos da cadea mar-industria
Santiago de Compostela, 4 de marzo do 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, continuou con Solt Sea Farm a rolda de contactos cos distintos axentes socioeconómicos da cadea mar-industria.
O encontro serviu para coñecer os últimos avances dos proxectos da empresa como os de ampliación da granxa de Couso, en Ribeira; e os de construción dunha de procesado en Rianxo, e dun novo criadeiro igual o existente en Cervo. Tres importantes actuacións apoiadas pola convocatoria de axudas do 2025 da Xunta para o impulso da actividade acuícola galega, reforzando así o liderado da acuicultura galega en tecnoloxía de produción de peixes planos en granxas mariñas.
No marco da orde, dotada con 65 millóns de euros, a Xunta atendeu 239 solicitudes recibidas para a posta en marcha destes e doutras iniciativas empresariais que afonden na competitividade, no aumento da capacidade produtiva e na sostibilidade do sector.