Nova

Mar reúnese coa confraría de Bueu para abordar o desenvolvemento pesqueiro e marisqueiro da zona

1 de 1

Bueu (Pontevedra), 5 de marzo do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este xoves co patrón maior da confraría San Martiño de Bueu co fin de afondar no desenvolvemento da actividade pesqueira e marisqueira da zona. Deste xeito, o representante da Consellería que dirixe Marta Villaverde deu continuidade ao compromiso deste departamento de manter un diálogo fluído e permanente co sector, xa que se entende que esta é a mellor maneira para avanzar na súa sustentabilidade e competitividade.

Con este obxectivo, Rosón seguirá mantendo xuntanzas cos axentes socioeconómicos dos diversos elos da cadea mar-industria. Son encontros necesarios que permiten á Consellería facer seguimento das cuestións tratadas e por en marcha accións que fortalezan a xestión e a cadea produtiva das rías galegas.

Imaxes relacionadas