Nova
A Xunta reúnese con Socomgal para coñecer de primeira man a súa actividade e liñas de traballo
Santiago de Compostela, 9 de marzo do 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Sociedade Cooperativa Galega Mexilloneiros de Galicia (Socomgal), nun encontro que serviu como toma de contacto institucional coa entidade.
Durante a reunión, ambas partes abordaron distintos aspectos relacionados coa actividade desta entidade e as liñas de traballo que desenvolve, así como para intercambiar impresións sobre os retos e oportunidades do sector. O encontro permitiu reforzar as vías de diálogo e colaboración entre a Consellería do Mar e os representantes desta cooperativa.