Nova

Mar e a Confraría de Malpica abordan a situación e retos do sector pesqueiro local

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 10 de marzo do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo unha reunión con representantes da confraría de pescadores de Malpica, que serviu como primeira toma de contacto institucional do director xeral coa entidade, para abordar distintos asuntos de interese para o sector pesqueiro da zona, así como a evolución da actividade desenvolvida pola confraría.

Esta entidade rexistrou, no último exercicio, unha facturación de arredor de 3,6 millóns de euros, froito da comercialización de máis de 1.066 toneladas de produto na lonxa local. Entre as especies máis destacadas atópanse o ourizo, polbo, sardiña, bocarte, abadexo, robaliza ou percebe, entre outras. O encontro permitiu tamén trocar impresións sobre os principais retos da actividade e reforzar as vías de diálogo e colaboración entre a Consellería do Mar e o sector pesqueiro local.

Imaxes relacionadas