Nova

A Consellería do Mar colaborará coa proba de natación ultrafondo Triple Coroa entre Baiona e Cíes

1 de 1

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha reunión de traballo coa responsable da organización da proba de natación de ultrafondo Triple Coroa-illas Atlánticas, Beatriz Alvariño, na sede do ente público.

Durante o encontro, o representante autonómico confirmou a vontade de colaboración da Consellería do Mar coa celebración deste evento deportivo que rematará no porto de Baiona o 12 de setembro deste ano. Desde o ente público favorecerase a loxística da proba no porto baionés, de titularidade autonómica. Entre outras accións, Portos de Galicia cederá unha parte da explanada situada entre a lonxa e a estación marítima para ocupación temporal con materiais da proba, fundamentalmente os caiacs nos que os deportistas realizarán unha saída pola ría coa que se complementa a proba de natación. Ademáis contarase co apoio de Gardacostas e a Dirección xeral de Pesca.

A Triple Coroa-Illas Atlánticas acadará este ano a súa cuarta edición. Trátase dunha travesía a nado de 15 quilómetros entre a praia de Rodas, nas illas Cíes e a da Ribeira, no concello de Baiona.

Imaxes relacionadas