Nova

Xunta e Cabomar analizan o proxecto de construción dun túnel de conxelado, cofinanciado co Fempa

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 10 de marzo do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e representantes da empresa Cabomar mantiveron este martes unha xuntanza na que, entre outros asuntos, analizaron o avance do proxecto de modernización e xestión sostible no proceso produtivo que inclúe a construción dun túnel de conxelado, e do que foi beneficiaria a empresa ao abeiro da liña de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura.

A liña, dotada con 15 millóns de euros, e cofinanciada co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), permitiu o desenvolvemento dun total de 48 proxectos que suman un investimento total de 26,4 millóns de euros.

O encontro inclúese no obxectivo da Consellería de seguir impulsando espazos de cooperación que permitan avanzar en solucións concretas e políticas que contribúan a garantir o futuro do sector.

Imaxes relacionadas