Nova

Villaverde mostra á fundación Traslatio a disposición da Xunta para seguir divulgando o patrimonio e a cultura marítima

1 de 2
2 de 2

A conselleira do Mar reuniuse con representantes do colectivo no marco da rolda de contactos cos distintos axentes socioeconómicos vinculados á actividade pesqueira

Vigo, 12 de marzo do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, reuniuse este xoves con membros da Fundación Traslatio, co fin de seguir afondando no impulso da actividade marítimo-pesqueira, a través da posta en valor e difusión do patrimonio marítimo e a cultura vinculadas ao mar das zonas costeiras.

O encontro serviu para seguir afianzando a colaboración entre as partes, que data desde o 2021 e que xa permitiu o desenvolvemento de accións destinadas a divulgar os beneficios dos produtos pesqueiros e acuícolas. É o caso do programa de visitas ao observatorio submarino Nautilus, instalado no porto de Vigo, ou dos distintos obradoiros que se realizaron a bordo do buque de vapor Hidria Segundo.

Neste senso, Villaverde incidiu en que o litoral galego e as súas rías forman parte esencial do legado cultural e económico de Galicia, polo que proxectos que promoven o coñecemento e a difusión desta realidade axudan a reforzar o vínculo da sociedade co mar. Deste xeito, a conselleira trasladou a disposición da Xunta a seguir colaborando na mesma senda e sinalou que “tamén reforzamos a proxección internacional de Galicia como referente tanto no ámbito marítimo como no cultural e patrimonial”.

Imaxes relacionadas