Nova

Villaverde recibe á nova directiva de Agade e reitera o apoio do Goberno galego á cadea mar-industria

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 15 de marzo do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo un encontro coa nova directiva da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade) e trasladou a disposición da Consellería do Mar a afrontar os retos actuais e reforzar a competitividade dun elo clave da cadea mar-industria galega.

No encontro tamén se abordaron distintos asuntos de interese para o sector, entre eles a preocupación existente pola proposta de modificación do Regulamento Xeral de Costas realizada, de xeito unilateral, polo Goberno central e que podería afectar á actividade das empresas situadas no dominio público marítimo-terrestre. Neste sentido, Villaverde anunciou que a Consellería do Mar presentará alegacións ao documento do Goberno e reiterou o compromiso da Xunta de defender os intereses do conxunto da cadea mar-industria e de seguir traballando en coordinación co sector.

Imaxes relacionadas