Nova
A conselleira do Mar reúnese co alcalde de Valga para abordar asuntos relacionados co embarcadoiro deste municipio
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse co alcalde de Valga, José María Bello, para afondar en asuntos relacionados co funcionamento do embarcadoiro de pasaxeiros que está operativo no municipio.
Durante o encontro, ambos representantes institucionais, abordaron o estado e funcionamento do pantalán instalado por Portos de Galicia en 2021 en base a un convenio de colaboración co Concello para dar resposta á crecente demanda do turismo náutico conectado coa ría de Arousa. Villaverde e Bello coincidiron en salientar a importancia deste tipo de infraestruturas para dinamizar economicamente un territorio e dar servizos que redunden en beneficio do conxunto da localidade e a súa contorna.
Finalmente, na reunión, Xunta e Concello analizaron tamén outras posibles vías de colaboración entre ambas administracións en cuestións de interese para o municipio.