Nova

Portos de Galicia e a confraría de Corcubión avalían vías para facilitar novas actividades na sede do pósito

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes da directiva da confraría de Corcubión para analizar a proposta de ampliación de actividades na sede do colectivo.

Os representantes da confraría expuxeron o seu propósito de habilitar un espazo destinado a aula gastronómica e aula formativa vinculadas á actividade da lonxa, en cuxo edificio se sitúa tamén a sede da confraría. Deste xeito preténdese unha nova organización interior do espazo de traballo para dedicalo á divulgación. Esta proposta deberá plasmarse nun proxecto técnico que presentarán no ente público para a súa tramitación.

Pola súa parte, o presidente de Portos de Galicia mostrou a disposición do ente público a axilizar a tramitación do título administrativo que corresponda, no marco das súas competencias.

Imaxes relacionadas