Nova
Martina Aneiros traslada o apoio da Xunta á Festa do Marisco de Ferrol na presentación do cartel da súa IV edición
Ferrol, 20 de marzo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe xunto ao tenente-alcalde, Javier Díaz Mosquera, e o patrón maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui, na presentación do cartel da IV Festa do Marisco da cidade, que terá lugar do venres 27 de marzo ao domingo 5 de abril, coincidindo coa Semana Santa.
Durante o acto, a delegada trasladou o apoio do Goberno galego á organización desta festa “que conciencia tanto sobre a presenza dos produtos do mar na nosa alimentación, como sobre o peso económico da actividade marítimo-pesqueira na zona”.