Nova
Rueda reivindica o potencial de Galicia para desenvolver enerxía eólica mariña
Manifesta a intención do Executivo galego de estar na primeira poxa que se convoque a nivel nacional para implantar parques eólicos mariños
Traslada o compromiso da Xunta coa produción de enerxía renovable e a descarbonización, garantindo a plena compatibilidade coa pesca e o marisqueo
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reivindicou o potencial da nosa comunidade para desenvolver enerxía eólica mariña, especialmente a eólica flotante, garantindo a plena compatibilidade desta actividade coa pesca e o marisqueo, que tamén son estratéxicas para Galicia.
O titular do Goberno galego mantivo unha reunión co presidente e o conselleiro delegado do Grupo Amper, Pedro Morenés e Enrique López, aos que trasladou o compromiso da Xunta coa produción de enerxía renovable e a descarbonización, dados os factores xeográficos, meteorolóxicos, oceanográficos e industriais da nosa terra.
Neste sentido, Rueda manifestou a intención do Executivo galego de estar na primeira poxa que se convoque a nivel nacional para implantar parques eólicos mariños.