Nova
A Xunta apoia a Conxemar na presentación da súa memoria de actividades 2025/2026
Madrid, 25 de marzo do 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, asistiu hoxe en Madrid ao acto de presentación da Memoria de Actividades 2025/2026 da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar).
A presenza do director xeral neste encontro referenda o apoio da Xunta de Galicia a un sector estratéxico e fundamental para a nosa economía. Durante a xornada, púxose en valor o liderado internacional da industria galega do conxelado e do transformado, así como a súa constante aposta pola calidade, a innovación e a competitividade.
O representante autonómico reafirmou o compromiso do Goberno galego de seguir traballando man a man co conxunto da cadea mar-industria para afrontar os retos de futuro, impulsar a internacionalización dos nosos produtos e defender o seu valor nos mercados globais.