Nova

A Xunta patrocina o partido de mañá entre o Breogán e o Manresa a través da campaña ‘Galicia sabe amar’

1 de 2
2 de 2

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Consellería do Mar e o club colaboran unha vez máis na difusión desta iniciativa que anima a consumir produtos do mar galegos como parte dunha dieta equilibrada

Lugo, 27 de marzo de 2026

A campaña da Xunta GALICIA SABE AMAR, que busca fomentar o consumo dos produtos do mar galegos, estará presente no partido de baloncesto que enfrontará mañá en Lugo ao CB Breogán co Manresa.

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe unha sesión de adestramento do equipo lucense para presentar este encontro, que se disputará ás 18,00 horas no Pazo dos Deportes dentro da 24ª xornada da Liga Endesa. Ademais dos xogadores, por parte do club participaron tamén no acto o director xeral e o director deportivo do club, Salva Arco e Tito Díaz, respectivamente.

A Consellería do Mar apoia o encontro a través dun novo contrato de patrocinio asinado co conxunto lucense, no marco das diferentes liñas de colaboración que mantén a Xunta co club.

Arias apuntou que o ámbito deportivo é un dos máis indicados para acoller unha iniciativa destas características, que busca “fomentar unha vida saudable animando a consumir peixe, marisco e conservas galegas como parte dunha dieta equilibrada”.

Subliñou que o Breogán “é un aliado idóneo para darlle a máxima difusión a esta campaña”, que xa estivo presente en anteriores temporadas do club, e que no partido de mañá contará tamén coa asistencia da conselleira do Mar, Marta Villaverde.

A Xunta ten en marcha dende o ano 2021 o programa GALICIA SABE AMAR para poñer en valor o labor dos profesionais galegos da pesca e do marisqueo e potenciar as vendas dos seus produtos.

Imaxes relacionadas