Nova

A Xunta destaca o éxito da segunda edición de 'Da Pobra a Portosín, Tapeando polo Mar'

1 de 2
2 de 2

Ribeira (A Coruña), 28 de marzo do 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou este sábado na última xornada da segunda edición da iniciativa gastronómica Da Pobra a Portosín, Tapeando polo Mar.

O evento puxo así o broche final a tres sábados consecutivos nos que os establecementos hostaleiros da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e hoxe os de Ribeira, ofreceron tapas elaboradas con produtos pesqueiros como o mexillón, o atún e a anchoa.

A Xunta colaborou un ano máis con este evento no marco da súa aposta pola promoción e posta en valor dos produtos do mar de Galicia, contribuíndo en paralelo a dinamizar a hostalaría e o turismo nas vilas costeiras.

Imaxes relacionadas