Nova
Portos de Galicia investirá 330.000 € na mellora da Doca de Baiona, que pintará a muralista Lula Goce
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026
Portos de Galicia investirá máis de 330.000 euros na mellora do peirao da Doca de Baiona que culminará unha pintura da muralista Lula Goce. O presidente do ente público, José Antonio Álvarez, asistiu esta mañá á sinatura do acordo entre o Concello de Baiona e a artista local, de recoñecemento internacional, que se deseñará un mural para esta infraestrutura vinculado á súa función marítimo portuaria.
A actuación de remodelación deste peirao é froito dun convenio de colaboración entre o ente público, o Concello de Baiona e a Fundación Sabadell, que achegará outros 90.000 euros para financiar a obra artística, polo que o orzamento total da actuación ascenderá a 423.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Baiona encargarase de tramitar os permisos para a actividade e organizar e supervisar o desenvolvemento da mesma.
Así mesmo, a administración local foi a encargada de elaborar o proxecto artístico a través dun proceso participativo e contratar a artista finalmente seleccionada. Este proxecto busca converterse nun punto de referencia cultural e turístico en Baiona, promovendo o coñecemento da tradición pesqueira e a conservación do entorno mariño.