Nova

Portos de Galicia reordenará temporalmente a circulación no acceso ao porto de Barallobre por razóns de seguridade

1 de 2
2 de 2

Fene (A Coruña), 31 de marzo de 2026

Portos de Galicia en colaboración co Concello de Fene e a Policía Local, instalará mañá a sinalización de reordenación de tránsito que restrinxe temporalmente a circulación no acceso ao porto de Barallobre por motivos de seguridade. Nunha inspección realizada ás infraestruturas portuarias logo do tren de borrascas deste inverno, Portos de Galicia detectou problemas na estrutura dun tramo do bordo marítimo, baixo o viario de acceso á lonxa.

Ante esta situación e para minimizar riscos, o ente público e o Concello consensuaron  pechar ao tráfico rodado un tramo do carril de saída desde a lonxa reordenando a circulación en ambos sentidos polo carril contrario. Así mesmo non estará permitido temporalmente o tránsito peonil na beirarrúa de dito tramo.

Unha vez establecida a restrición de circulación e a sinalización como medidas urxentes, Portos de Galicia está a traballar en paralelo na tramitación das obras de reparación do cantil que rexistrou unha perda de material na base debido aos efectos do mar, agravados polos temporais.

Imaxes relacionadas