Nova

Villaverde destaca na III Mexillonada de Rinlo o valor deste produto como motor económico e turístico de Galicia

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

A conselleira subliñou o compromiso da Xunta co sector para garantir o seu futuro, como o demostra a colaboración da Consellería do Mar con este tipo de iniciativas

Ribadeo (Lugo), 3 de abril do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe na III Mexillonada de Rinlo, unha cita gastronómica coa que colabora a Administración autonómica para contribuír a por en valor un dos produtos estrela da acuicultura galega.

Durante a súa intervención, a titular de Mar salientou a importancia deste produto como “un dos piares fundamentais do noso mar”, destacando “a súa calidade, sustentabilidade e recoñecemento nos mercados”. Neste sentido, lembrou que representa unha actividade clave para a economía galega, con miles de empregos vinculados ao seu cultivo, transformación e comercialización.

A conselleira subliñou o compromiso da Xunta co sector para garantir o seu futuro, como demostra a colaboración na súa promoción neste tipo de festexos que teñen por obxectivo achegar o produto á cidadanía, fomentar o seu consumo e reforzar o atractivo das vilas mariñeiras.

Por este motivo, Villaverde agradeceu o labor das entidades organizadoras e a implicación do Concello de Ribadeo e do tecido asociativo local na promoción do evento. A xornada contou cunha ampla participación de veciños e visitantes, que puideron degustar este produto en distintas elaboracións, consolidándoa como unha cita de referencia na promoción da gastronomía mariñeira da Mariña lucense.

Imaxes relacionadas