Nova

O novo pantalán flotante do porto de Bouzas financiado por mar permitiu adaptar os servizos de amarre ás necesidades da frota

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a directora territorial da Consellería en Vigo analizaron co Galp Ría de Vigo-A Guarda o proxecto no que a Xunta investiu preto de 172.000 €

Vigo, 4 de abril do 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, acompañada da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, Elena Suárez, reuniuse con representantes do Galp Ría de Vigo-A Guarda para analizar o proxecto solicitado pola confraría e orientado a reforzar unha zona especialmente exposta aos temporais e que constitúe a principal barreira de protección para as embarcacións con porto base en Bouzas

A actuación contou cun investimento da Xunta de preto de 172.000 euros, ao abeiro da Orde pola que se establecen as axudas a proxectos das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, e permitiu a construción dun novo pantalán flotante situado na zona portuaria, co obxectivo de optimizar os servizos de amarre e adaptar as infraestruturas ás necesidades actuais da frota, especialmente no caso das embarcacións de maior eslora.

A iniciativa tamén incluíu a mellora das condicións de abrigo e seguridade da zona portuaria, así como medidas de adaptación aos posibles efectos do cambio climático, mediante actuacións dirixidas a mitigar os seus efectos e incrementar a resiliencia das instalacións.

Esta iniciativa enmárcase no obxectivo estratéxico de fomentar a economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas, mediante o apoio á diversificación económica dentro e fóra da do sector da pesca artesanal e a creación de emprego nas rexións costeiras.

Imaxes relacionadas