Nova

Villaverde e Tragsa avalían as actuacións conxuntas e exploran novas liñas de colaboración no ámbito marítimo-pesqueiro

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo hoxe un encontro con Manuel Villarroel, xefe da Unidade Territorial do Grupo Tragsa, co obxectivo de analizar polo miúdo as actuacións conxuntas que a Administración autonómica e a empresa pública están a levar a cabo na actualidade. Estas colaboracións directas céntranse, principalmente, no apoio técnico, a xestión dos recursos mariños, a execución de obras de infraestrutura e a asistencia técnica para a xestión, verificación e control do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa).

Ademais de facer balance do desenvolvemento dos encargos actuais, a titular de Mar e o responsable de Tragsa aproveitaron esta toma de contacto para explorar e analizar posibles liñas de actuación para o sector do mar na comunidade.

Imaxes relacionadas