Nova

Mar continúa con Remagro os contactos co sector pesqueiro e acuícola galego

1 de 1

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes da empresa

Santiago de Compostela, 7 de abril do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica reuniuse con representantes de Remagro -empresa especializada, preferentemente, na comercialización de mexillón vivo, ameixas, berberechos e navallas-, no marco da relación de colaboración entre a Administración autonómica e o tecido empresarial vinculado ao ámbito mariño.

Durante o encontro, abordáronse cuestións de interese común relacionadas co desenvolvemento do sector acuícola, así como co impulso de iniciativas orientadas á mellora da súa eficiencia, sustentabilidade e capacidade innovadora.

A reunión permitiu, ademais, trocar impresións sobre os rectos actuais e afondar nas liñas de actuación que se están a desenvolver tanto desde a Consellería do Mar como desde o ámbito empresarial.

Este tipo de xuntanzas enmárcanse na vontade da Xunta de manter un diálogo permanente cos distintos axentes da actividade marítimo-pesqueira, co fin de avanzar nun modelo produtivo competitivo e sostible.

Imaxes relacionadas