Nova
Mar aborda coa Asociación Agacomar os desafíos e o futuro do sector da comercialización de marisco
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse cos representantes da entidade para reforzar a colaboración institucional
Santiago de Compostela, 8 de abril do 2026
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación Galega de Comercializadores de Marisco (Agacomar). O encontro institucional tivo como obxectivo principal analizar a situación actual do sector e compartir perspectivas sobre os retos futuros da comercialización dos produtos do mar en Galicia.
Durante a sesión, avaliouse a necesidade de seguir traballando de forma conxunta para impulsar a innovación e a sustentabilidade en toda a cadea de valor. O representante autonómico reafirmou o seu compromiso de manter un diálogo fluído e constante para garantir a estabilidade, a rastrexabilidade e a máxima calidade do marisco galego nos mercados, apoiando así un tecido empresarial que é estratéxico para a economía da nosa comunidade.