Nova

Mar traslada ao responsable do proxecto Xesmar a importancia da modernización e dixitalización do sector marítimo-pesqueiro

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 11 de abril do 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse co responsable de Qualigy Solutions Innovation, que lidera o proxecto Xesmar, e trasladoulle o interese da Consellería do Mar no proceso de modernización que se está levando a cabo na actividade marítimo-pesqueira en Galicia.

A Consellería impulsa fórmulas para fomentar a innovación e a dixitalización neste ámbito, favorecendo accións que contribúan á sustentabilidade da actividade pesqueira. É o caso do proxecto Xesmar, unha plataforma tecnolóxica recoñecida a nivel internacional e financiado con fondos europeos, que facilita as labores de xestión e as distintas necesidades organizativas das confrarías ao tempo que reforza a competitividade da actividade marítimo-pesqueira.

Imaxes relacionadas