Nova

Mar reúnese con Conservas Peña no marco dos contactos que mantén co sector

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 12 de abril do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes de Conservas Peña no marco dos contactos que a Consellería do Mar mantén co sector para coñecer máis polo miúdo os retos e oportunidades de toda a cadea mar-industria.

O encontro tivo como finalidade escoitar a súa visión sobre a situación actual desta actividade, así como detectar posibles liñas de colaboración orientadas a reforzar a competitividade, sostibilidade e capacidade de adaptación a novos contextos económicos e regulatorios. Durante o mesmo tamén se puxo de manifesto a importancia de manter a interlocución coas empresas, en aras de seguir impulsando medidas que dean resposta ás demandas do sector.

Imaxes relacionadas