Nova

Marta Villaverde confirma o apoio de Mar á V edición da feira Gastromar

1 de 1

A conselleira reuniuse con representantes da Asociación de Empresarios de Ribeira, promotores da iniciativa

Santiago de Compostela, 10 de abril do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, confirmou ao presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, o apoio da Xunta á que será a quinta edición da feira Gastromar.

Con este anuncio, a responsable autonómica reafirmou o compromiso do Goberno galego ao impulso e promoción dos produtos pesqueiros e que teñen neste tipo de encontros un extraordinario escaparate para enxalzar a súa calidade.

Así o subliñou a conselleira ao indicar que estas iniciativas reforzan a cadea mar-industria e fomentan o consumo de peixe e marisco ao tempo que promoven o talento culinario de Galicia. “Gastromar representa unha oportunidade única para achegar o mar á cidadanía e para poñer en valor o traballo dos profesionais do sector”, remarcou.

Villaverde puxo en valor o papel estratéxico do evento como punto de encontro entre produtores, hostaleiros e consumidores, contribuíndo a dinamizar a economía local e a fortalecer a identidade gastronómica da comunidade, pois o porto de baixura desta localidade é un dos máis importantes de Europa.

 

Imaxes relacionadas