Nova

A Xunta avanza na promoción e preservacion dos recursos mariños apoiando o `IV Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar`

1 de 2
2 de 2

Vigo, 16 de abril do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou na presentación do IV Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar (GSSG), que se celebrará en Vigo o vindeiro 28 de abril e que converterá Galicia nun referente internacional na materia.

Rosón destacou que “Galicia é un referente internacional indiscutible na xestión responsable dos recursos mariños e foros como o GSSG son o mellor escaparate para poñer en valor o noso modelo”.

Asegurou, ademais, que a temática escollida para esta edición, centrada na análise da responsabilidade e o impacto, “entronca directamente na folla de ruta do Goberno galego”, que consiste en “garantir a nosa actividade pesqueira, marisqueira, acuícola e transformadora como un motor económico e social vital, pero sempre asegurando a conservación e o equilibrio dos nosos ecosistemas mariños a longo prazo”, afirmou.

A Consellería do Mar colabora con esta iniciativa no marco do convenio asinado coa Fundación Nueva Pescanova e que ten por obxectivo afondar na promoción e preservación dos recursos mariños, xerando, en paralelo, valor económico e social.

Deste xeito, no  relatorio daranse cita os principais axentes que operan no eido da transformación azul, que disertarán sobre a práctica da pesca e a acuicultura responsables, así como sobre o seu impacto desde a innovación científica e empresarial.

Imaxes relacionadas