Nova

Villaverde asiste ás primeiras reunións dos Comités de Benestar da Xente do Mar do Porto de Ferrol e do Porto de San Cibrao

1 de 2
2 de 2

Ferrol, 17 de abril do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe ás primeiras reunións dos Comités de Benestar da Xente do Mar do Porto de Ferrol e do Porto de San Cibrao, órganos creados co obxectivo de reforzar a atención social, sanitaria e humana das persoas que desenvolven a súa actividade no ámbito marítimo-portuario.

Durante ambos encontro, celebrados nas instalacións da Autoridade Portuaria de Ferrol, sentáronse as bases para as principais liñas de traballo que melloren a calidade de vida dos profesionais do mar, favorecendo a coordinación entre administracións, entidades sociais e organismos vinculados ao sector marítimo.

A conselleira destacou a importancia destes órganos como espazos de cooperación e diálogo permanente, que permiten dar resposta ás necesidades reais da xente do mar e avanzar nun modelo portuario máis humano, seguro e sostible.

Os Comités de Benestar configúranse como foros de participación nos que están representados diferentes axentes do ámbito portuario, co fin de promover servizos de apoio, acompañamento e mellora das condicións de traballo e estancia dos profesionais que operan nos portos.

Imaxes relacionadas