Nova
Portos de Galicia e o Concello de Cangas colaborarán para a reparación da nave de remo
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, para abordar as vías de colaboración entre ambas administracións para a reparación da nave de remo situada no porto e que xestiona en concesión o Concello.
No encontro o presidente de Portos de Galicia confirmou que o ente público tramitará coa maior celeridade a autorización que permitirá á administración local executar as obras que lle competen como concesionaria para o mantemento da nave. Deste xeito, darase resposta ás necesidades de conservación detectadas no inmoble nos últimos anos.
Finalmente no encontro tratouse tamén o proceso de reversión de terreos portuarios declarados innecesarios á Administración Xeral do Estado para a súa posible transferencia ao concello. O presidente de Portos trasladou á alcaldesa que a proposta de reversión foi aprobada polo Consello da Xunta o pasado 7 de abril de 2025 e remitida ao Ministerio de Transición Ecolóxica para a súa aprobación definitiva sen ter resposta ata o momento.