Nova
Villaverde participa na reunión do padroado da Fundación Dieta Atlántica
Santiago de Compostela, 29 de abril do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou por videoconferencia na reunión do Padroado da Fundación Dieta Atlántica, na que se designaron novos patróns.
O encontro tamén serviu para reforzar a colaboración institucional que o departamento que dirixe Villaverde mantén con esta entidade no senso de afondar na promoción dunha alimentación equilibrada, sostible e vinculada os produtos do mar, con especial incidencia entre a xente máis nova.