Nova

Galicia terá este ano 118 praias con bandeira azul, 10 máis que en 2025, e consolídase como a terceira comunidade española con máis areais galardoados

1 de 1

Entre as principais novidades da convocatoria, cómpre destacar que por primeira vez unha praia da provincia de Ourense, a dos Franceses (A Veiga), lucirá este distintivo

O municipio pontevedrés de Sanxenxo volve liderar un ano máis a clasificación nacional de praias galardoadas, cun total de 18, seguido de Vigo, con 12

Bastiagueiro, en Oleiros, é un dos sete areais en todo o mundo que mantén este recoñecemento desde o ano 1987 de forma consecutiva e ininterrompida

A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) tamén premia a calidade dun total de 11 portos deportivos galegos e 18 centros de interpretación e aulas da natureza das 3 provincias costeiras, dos cales 2 nunca foran galardoados

En total, Galicia lucirá este ano 219 distintivos azuis entre praias, áreas portuarias, instalacións para visitantes e sendeiros, o que a coloca por primeira vez na segunda posición da clasificación a nivel nacional, só por detrás de Valencia (228)

Ángeles Vázquez salienta a boa posición da Comunidade, cun balance que reflicte a súa aposta polo coidado ambiental e por dar a coñecer os recursos do litoral como un incentivo máis para impulsar o turismo sostible e respectuoso coa contorna

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026

Galicia terá este ano un total de 118 praias en 38 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Desde xeito e con 10 distintivos máis que o ano anterior, Galicia concentra case unha de cada sete bandeiras concedidas en España (794) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 197) e Andalucía (184).

Dos 118 areais galegos galardoados na presente edición, cómpre subliñar que, por primeira vez, unha praia fluvial da provincia de Ourense —a dos Franceses, no concello da Veiga— recibirá a bandeira azul.

A este fito histórico na Comunidade hai que sumar os outros tres areais que estrearán distintivo: Niñóns, en Ponteceso; O Laño, en Poio; e Pampaído, en Sanxenxo, municipio que, de feito, suma unha praia respecto a 2025. Ademais, outras seis —Ponzos, en Ferrol; A Concha e Morouzos, ambas en Ortigueira; Coroso, en Ribeira; A Pasada, en Barreiros e Loira, en Marín— recuperan a bandeira que non luciron no período anterior.

Así mesmo, Adeac tamén deu a coñecer esta mañá a relación de portos deportivos que ondearán a bandeira azul. Das 111 instalacións recoñecidas en todo o país, 11 están en Galicia, o que a converte na quinta comunidade con máis instalacións recoñecidas.

Ademais, como novidade, o xurado resolveu conceder as bandeiras azuis a praias e portos deportivos por un período de dous anos (2026-2027) para adaptarse aos novos requisitos de acreditación internacionais e aos cambios normativos da UE. O galardón outorgado, en todo caso, seguirá estando condicionado ao cumprimento dos criterios de concesión exixidos durante todo o período, polo que se fará un seguimento anual e os correspondentes procesos de verificación durante 2027.

De igual xeito, un ano máis recoñeceu tamén o labor dos chamados centros azuis, categoría na que se engloban aulas de natureza e de mar, centros de recepción de visitantes e instalacións de investigación ou similares dedicadas á educación ambiental en municipios relacionados co programa Bandeira Azul. Dos 106 centros azuis galardoados en todo o país en 2026, 18 están en Galicia (1 máis que na convocatoria anterior), que é a terceira comunidade con máis distincións neste eido, só por detrás de Valencia (con 26) e Andalucía (19).

Neste apartado, destacan dúas novas incorporacións á listaxe de centros azuis galegos. Trátanse, en concreto, das sedes de Vigo e da Coruña do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía, que estrean bandeira.

Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Tras darse a coñecer hoxe a relación de praias, portos e centros galardoados, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou a boa posición que ocupa Galicia un ano máis a nivel nacional, uns resultados que enmarcou na aposta da Xunta polo coidado ambiental e a divulgación dos recursos naturais que conforman o litoral máis extenso de todo o país e que converten á Comunidade “nun lugar único” para visitar de forma sostible e respectuosa coa contorna.

Datos a nivel provincial

Por provincias, Pontevedra concentra un ano máis o maior número de bandeiras azuis de Galicia: 56 que recaen noutras tantas praias e 6 en instalacións portuarias. No caso da Coruña, os galardoados foron 44 areais (5 máis que en 2025, sendo a provincia na que se produciu o maior incremento) e 4 portos; e no de Lugo, recoñeceuse con este distintivo a 17 praias e 1 porto. Ademais, hai que sumar a primeira bandeira azul para Ourense.

Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados, un total de 18. O concello pontevedrés recibe, ademais, 3 distincións para outros tantos portos. Ademais, cómpre subliñar o caso de Vigo, a cidade galega que recibe máis bandeiras para as súas praias (12) e o segundo municipio de España nesta clasificación, ademais de ter tamén 1 porto e 1 centro recoñecidos. Son os únicos municipios galegos na listaxe de municipios de España con maior número de bandeiras en areais e portos.

Na provincia da Coruña, Arteixo é o que segue a concentrar o maior número de bandeiras, con 6 praias e 1 centro azul; seguida da cidade de Ferrol, que ao recuperar unha praia colócase tamén con 6 bandeiras, da cidade da Coruña —5 areais e 1 porto— e de Oleiros, con 5 praias distinguida —entre elas a de Bastiagueiro, que é unha das sete en todo o mundo que logra manter a bandeira azul desde 1987— e 2 centros azuis.

Así mesmo, Foz é o concello lucense con máis areais galardoados, 5 en total; seguido de Barreiros, con 3 praias; Burela, con 2 praias e 2 centros azuis; Ribadeo, que suma 2 praias con bandeira e o único porto distinguido nesta provincia; e O Vicedo, con 2 areais recoñecidos no marco da actual convocatoria.

Líder en sendeiros azuis

Por último e con relación aos chamados sendeiros azuis, cómpre precisar que, por quinto ano consecutivo, Adeac convocou estes distintivos como un programa independente ao de Bandeira Azul co que se busca poñer en valor o papel das sendas como un recurso valioso para gozar da natureza e aprender a interpretar a contorna.

Os resultados da última convocatoria déronse a coñecer o pasado mes de febreiro e consolidan a posición de liderado absoluto de Galicia nesta categoría xa que é a comunidade que concentra 72 dos 194 itinerarios galardoados en todo o país —é dicir, 18 máis que os que recibiu en 2025—.

En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos por Adeac, Galicia atesoura 219 galardóns, un balance que a sitúa xa como a segunda comunidade española que concentra máis recoñecementos deste tipo, só por detrás de Valencia (228) e superando por primeira vez a Andalucía, que suma 204 distintivos azuis en total e cae á terceira posición da clasificación nacional.

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2025 en Galicia no marco do programa Bandeira Azul, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * aqueles que o reciben por primeira vez.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2026-2027

PROVINCIA DA CORUÑA

18 concellos / 44 areais

A Coruña

As Lapas

Orzán-Matadero

Oza

Riazor

San Amaro

A Laracha

Caión

A Pobra do Caramiñal

Lombiña-Cabío

Arteixo

A Salsa (Repibelo)

Barrañán

Combouzas

Porto de Suevos

Sabón

Valcovo

As Pontes de García Rodríguez

Lago das Pontes

Bergondo

Gandarío

Camariñas

Arou

Carballo

Pedra do Sal

Razo

Saíñas

Dumbría

O Ézaro

Ferrol

A Fragata-O Pareixal

Caranza

Doniños

Ponzos

Esmelle

San Xurxo

Laxe

Laxe

Malpica de Bergantiños

Area Maior

Miño

A Ribeira

Grande

Perbes-Andahío

Muros

San Francisco

Oleiros

Bastiagueiro

Espiñeiro

Mera

Naval

Santa Cristina

Ortigueira

A Concha

Morouzos

Ponteceso

A Ermida

Balarés

Niñóns *

O Osmo

Ribeira

Coroso

 

PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 17 areais

Barreiros

Coto

Fontela Valea

A Pasada

Burela

A Marosa

O Portelo

Cervo

O Torno

Foz

A Rapadoira

Areoura

As Polas

Llas

Peizás

O Vicedo

Abrela

Xilloi

Ribadeo

As Catedrais

Os Castros-Illas

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

 

PROVINCIA DE OURENSE

1 concello / 1 areal

A Veiga

Praia dos Franceses *

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

11 concellos / 56 areais

A Guarda

Area Grande

O Muíño

A Illa de Arousa

Area da Secada

Bao (Camaxe)

Baiona

Barbeira

Concheira

Frades

Ladeira

Ribeira

Santa Marta

Bueu

Area de Bon

Lagos

Lapamán

Portomaior

Marín

Aguete

Loira

Mogor

Portocelo

Santo do Mar-A Coviña

Moaña

O Con

Poio

Cabeceira

O Laño *

Xiorto

Ponte Caldelas

A Calzada (praia fluvial)

Sanxenxo

A Lapa

Agra

Areas

Areas Gordas

Baltar

Bascuas

Canelas

Caneliñas

Foxos

Major

Montalvo

Nosa Señora da Lanzada

O Espiñeiro

Pampaído *

Panadeira

Paxariñas

Pragueira

Silgar

Vigo

Argazada

A Fontaíña

A Punta

Canido

Carril

Fortiñón

O Adro

O Mende

O Vao

Rodas (Illas Cíes)

Santa Baia

Tombo do Gato

Vilagarcía de Arousa

Campanario

Compostela

 

PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2026-2027

A Coruña

A Coruña

Real Club Náutico A Coruña-Marina Real

Sada

Club Náutico Sada

Porto Deportivo Sadamar

O Porto do Son

Real Club Náutico de Portosín

Lugo

Ribadeo

Porto Deportivo de Ribadeo

Pontevedra

Baiona

Monte Real Club de Iates de Baiona

O Grove

Porto Deportivo Pedras Negras

Sanxenxo

Real Club Náutico Sanxenxo

Club Náutico Portonovo

Porto Deportivo Juan Carlos I

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

 

CENTROS AZUIS 2026

A Coruña

A Coruña

Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO CSIC) *

A Laracha

Centro de interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar

Arteixo

Museo-Centro de interpretación Mar de Sorrizo

Camariñas

Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán

Museo Man de Camelle

Oleiros

Aula do Mar do centro de interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Pontevedra

A Illa de Arousa

Centro de interpretación da Conserva

Baiona

Centro de interpretación ambiental Foz do Miñor

Bueu

Aula de Natureza Cabo Udra

Centro de interpretación do litoral de Agrelo

Estaleiro de Purro

Marín

Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor

Poio

Casa Museo de Colón

Vigo

Visor submarino Nautilus (Autoridade Portuaria de Vigo)

Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO CSIC) *

Imaxes relacionadas