Nova

A Xunta reúnese con Mariscos Gilmar para seguir acometendo os retos do sector mar-industria en Galicia

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 5 de maio do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con responsables da empresa Mariscos Gilmar para seguir acometendo os retos do sector da transformación e comercialización de produtos do mar. No encontro abordáronse a eficacia das convocatorias sobre os proxectos de inversión acometidos, a idoneidade das actuais liñas de subvencións destinadas ao sector e as estratexias de promoción precisas para seguir impulsando a competitividade desta industria clave para a economía de Galicia.

A xuntanza enmárcase na rolda de contactos e no diálogo permanente que a Consellería do Mar mantén co tecido empresarial galego para coñecer, de primeira man, as súas inquedanzas e proxectos de futuro vencellados á innovación e sustentabilidade. A Xunta reafirma así o seu compromiso de traballar da man coas empresas para consolidar a excelencia dos produtos pesqueiros galegos nos mercados.

Imaxes relacionadas