Nova

Villaverde enxalza a excelencia dos produtos das nosas rías na XIII Festa do Viño e Mar de Vilaboa

1 de 2
2 de 2

A conselleira do Mar participou hoxe nesta cita gastronómica que busca poñer en valor a calidade do peixe e marisco de proximidade maridado cos viños locais

Vilaboa (Pontevedra), 10 de maio do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu este domingo á XIII Festa do Viño e Mar de Vilaboa, celebrada na chaira do viaduto de Riomaior. A titular de Mar aproveitou para promocionar a gran calidade dos produtos das nosas rías e o traballo dos produtores locais nun evento tan consolidado e que funciona como un excelente escaparate.

Durante a xornada, Villaverde destacou a importancia destas celebracións gastronómicas para dinamizar a economía da contorna e achegar os produtos "quilómetro cero" á cidadanía. A festa permite exaltar a perfecta combinación entre os recursos do mar e os viños da colleita local, dous dos grandes motores económicos e culturais da zona.

Imaxes relacionadas