Nova
Rueda aborda con Conxemar os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual
O presidente da Xunta mantivo un encontro co máximo responsable da asociación, Eloy García, no que se avaliaron as colaboracións que se desenvolven en eidos como a internacionalización do sector ou a promoción do consumo de produtos do mar
Reitera o compromiso do Goberno autonómico coa potenciación do Ifevi
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co presidente de Conxemar, Eloy García, e a directora xeral desta asociación, Yobana Bermúdez, na que se abordaron os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual.
No encontro, ao que tamén asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, avaliáronse as distintas colaboracións entre a Administración autonómica e a entidade en eidos como a promoción do consumo de produtos do mar conxelados, especialmente entre os máis novos a través da iniciativa Conxemar Lab; o impulso da cadea de valor do sector pesqueiro; e a promoción internacional desta industria.
Neste eido, destacouse o papel clave da Feira internacional Conxemar, que o ano pasado contou con 812 expositores de 46 países e reuniu no Ifevi a cifra histórica de 30.405 visitantes. O presidente reiterou o compromiso do Goberno autonómico coa potenciación do recinto feiral seguen en marcha e que a vontade da Xunta segue sendo total.
Conxemar, Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura, con sede central en Vigo, agrupa a máis de 250 empresas que concentran máis do 60% do emprego e o 65% da facturación da industria e comercialización de produtos pesqueiros.