Nova

Villaverde aborda co director de expansión de Jealsa posibles vías de colaboración público-privada

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión co director do departamento de Expansión de Jealsa, principal empresa conserveira con sede en Galicia, Odilo Romero. Este encontro enmárcase na rolda de contactos e de escoita activa que a dirixente autonómica está a levar a cabo cos distintos axentes vinculados ao sector marítimo-pesqueiro e portuario.

Durante a reunión, o representante da firma deu conta da evolución da actividade da conserveira con sede no porto autonómico de Bodión, en Boiro. Pola súa banda, Villaverde ratificou o compromiso da Xunta coa cadea mar industria e, en concreto, con Jealsa como paradigma da creación de riqueza e emprego localizado no litoral galego, concretamente, na comarca de Barbanza onde a empresa mantén o 62 % do seu cadro de persoal que conforman 4.500 profesionais. Neste sentido, a conselleira lembrou que Portos de Galicia outorgou a Jealsa unha prórroga extraordinaria de prazo concesional das súas instalacións ampliándoo ata 75 anos en base ao seu interese estratéxico.

Imaxes relacionadas