Nova

Belén do Campo analiza coa xerente do GALP Ártabro Norte Tamara Tilve o balance das axudas e a evolución dos proxectos desta entidade

1 de 2
2 de 2

O ámbito territorial deste GALP Costa Sostible abrangue os concellos da provincia da Coruña de Miño, Paderne, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Pontedeume

Na convocatoria de 2025 esta entidade aprobou 27 proxectos cun importe de axudas concedidas de máis de 890.000 euros e cun volume total de investimento que supera os 2 millóns de euros

A Coruña, 12 de mayo  de 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería do Mar, María José Cancelo, mantivo un encontro de traballo coa xerente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Norte, Tamara Tilve, co obxectivo de avaliar a situación actual da entidade e facer seguimento das distintas liñas de apoio impulsadas nos últimos anos para o desenvolvemento do sector.

O GALP Ártabro abrangue os concellos coruñeses de Miño, Paderne, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume e conta cunha ampla base social composta por 44 entidades socias.

En relación co ámbito da Delegación territorial da Coruña a delegada da Xunta referiuse ás 12 entidades socias nesta área dos concellos de Miño en Paderne concretamente: a confraría de Pescadores de Miño, o concello de Paderne, asociación de veciños San Estebo de Quintans, asociación de turismo sostible da Coruña, concello de Miño, asociación de Custodia do patrimonio cultural de Vedoreira, asociación de empresarios turísticos refuxios do río Mandeo, Club Náutico de Miño, asociación de veciños San Pantaleón, asociación parroquial Santa María de Miño, asociación cultural e recreativa e deportiva O Castro e a asociación de empresarios de Miño.

Durante a reunión, tamén se fixo balance da convocatoria de axudas correspondente ao ano 2025, destinada a proxectos vinculados ao desenvolvemento local e ao impulso do sector pesqueiro, cofinanciada pola Consellería do Mar e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Ao abeiro desta liña, apoiáronse 27 iniciativas, cun apoio de máis de 890.000 euros que permitiu mobilizar un investimento global de máis de case 2 millóns de euros. Concretamente, do total 8 proxectos foron presentados 7 de Miño, concretamente 1 pola confraría de pescadores, de Miño, 2 particulares, 3 polo concello de Miño e 1 polo club Náutico de Miño e un por un particular de Paderne que recibiron en total axudas por un importe de case 200.000 euros.

A delegada tamén adiantou que para a convocatoria de 2026 xa están presentadas 20 iniciativas cun importe solicitado de 1,6 millóns de euros. Do total, 2 proxectos corresponden aos Concellos de Miño e Paderne que solicitaron preto de 25.000 euros. A maiores Belén do Campo explicou que neste 2026 tamén están en execución 3 proxectos do Concello de Miño, unha actuación dun particular tamén deste concello e a actuación do club Náutico de Miño, das axudas concedidas o ano pasado por un importe de preto de 60.000 euros que teñen que estar rematadas a 31 de outubro de 2026.

No transcurso do encontro, Belén do Campo informou de que a Xunta, a través da Consellería do Mar, xa pechou prazo de solicitude desta nova convocatoria de axudas dirixidas a proxectos enmarcados nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDL e) dos GALP, dotada cun orzamento global de 6,9 millóns de euros.

Estas achegas, de carácter plurianual e tamén cofinanciadas polo FEMPA, están destinadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que participen de forma individual ou en colaboración, e permitirán seguir impulsando iniciativas no territorio.

Trátase da cuarta convocatoria deste programa, que ten como finalidade avanzar cara a unha economía azul sostible nas zonas costeiras, promovendo o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas, a mellora das condicións laborais, a creación de emprego e o impulso da innovación. Ademais, estas axudas contribúen á posta en valor do patrimonio cultural e ambiental vinculado ao mar.

A delegada destacou a relevancia destas iniciativas para reforzar o tecido socioeconómico do litoral galego e reiterou o compromiso da Xunta co sector pesqueiro e co desenvolvemento sostible das zonas costeiras.

 

Imaxes relacionadas