Nova
O delegado territorial da Xunta reuniuse cos representantes da Asociación Galega de Actividades Náuticas AGAN+
Ourense, 20 de maio de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial, cos representantes da Asociación Galega de Actividades Náuticas AGAN+, para coñecer de primeira man os proxectos levados a cabo por esta entidade na provincia de Ourense.
No encontro analizáronse futuras vías de colaboración coa administración autonómica co fin de reforzar o turismo fluvial, a economía azul e a xeración de emprego no sector náutico.