Nova

A Xunta promove a proxección internacional dos produtos do mar na X Copa do Mundo de Natación Artística que se celebra en Pontevedra

1 de 4
2 de 4
3 de 4
4 de 4

Pontevedra, 28 de maio do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou no cóctel de benvida ás participantes na X Copa do Mundo de Natación Artística que se celebra en Pontevedra a partir de mañá, e que tamén terá a esta cidade como anfitrioa nas edicións de 2027 e 2028.

A Xunta promove o desenvolvemento desta cita deportiva no marco da estratexia de proxección internacional de Galicia e de promoción e posta en valor dos nosos produtos do mar. Así o indicou Villaverde quen remarcou que o apoio do departamento que dirixe non só permite “achegar ás deportistas e delegacións de máis de 25 países a calidade e a excelencia do que ofrecemos”, senón que tamén reforza a presenza de comunidade a nivel mundial, ao formar parte da rede de sedes desta competición xunto a cidades como París, Xián, Toronto ou Medellín.

Imaxes relacionadas