Nova

A Xunta e o R.C. Celta destacan a importancia de promover hábitos saudables como o deporte e o consumo de produtos do mar

1 de 3
2 de 3
3 de 3

Vigo, 1 de xuño do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo hoxe un encontro institucional coa presidenta do R.C. Celta, Marián Mouriño, na que coincidiron na importancia de fomentar hábitos de vida saudables entre a poboación. Entre eles os valores do exercicio físico e os beneficios que supón unha alimentación equilibrada, con presenza de produtos do mar, para o benestar e a saúde integral da cidadanía.

Neste sentido, Villaverde puxo en valor o papel de referentes do deporte como prescritores idóneos para concienciar ás novas xeracións sobre a necesidade de combinar a práctica regular de deporte coa dieta atlántica tradicional.

Imaxes relacionadas