Nova

Mar e Amicos coinciden na importancia de fomentar a inclusión social e a protección do medio mariño

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 2 de xuño do 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse este martes co director da asociación Amicos, Xoán España, para analizar os proxectos que se están a levar a cabo e estudar posibles vías de colaboración en ámbitos de interese común relacionados coa sustentabilidade mariña e a inclusión social.

Deste xeito, na xuntanza abordáronse as oportunidades de cooperación que permite reforzar a participación das entidades sociais en proxectos vinculados ao mar e ao desenvolvemento sostible das zonas costeiras. A Consellería do Mar xa colabora con esta entidade social mediante convenios orientados á inclusión social, o turismo mariñeiro e a recuperación ambiental, e que están a permitir o desenvolvemento de proxectos como Arousa-Lab, Labmar ou Mar de Amicos. A través de Portos de Galicia, tamén se acordou recentemente que persoas desta asociación participen en tarefas de limpeza dos fondos mariños das dársenas galegas.

Imaxes relacionadas