Nova

Villaverde reúnese con Agacomar para profundar na evolución dun sector estratéxico para Galicia

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 3 de xuño do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este mércores coa Asociación Galega de Comercializadores de Mariscos (Agacomar) para dar seguimento ao diálogo permanente que mantén co sector, e profundar na evolución e as necesidades dun sector tan estratéxico para Galicia como é a cadea mar-industria.

Durante o encontro, Villaverde destacou a importancia da colaboración entre a Administración, a comunidade científica e os axentes económicos, para seguir impulsando a competitividade e garantir a viabilidade e o futuro da actividade marítimo-pesqueira galega.

Imaxes relacionadas