Nova
Villaverde asiste ás procesións da Virxe do Carme e San Xoán Bautista en Burela
Burela (Lugo), 8 de xuño do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu este domingo aos actos na honra da patroa do mar, a Virxe do Carme, e San Xoán Bautista na localidade lucense de Burela, cuxo momento álxido foi a procesión marítima na que participou un número destacado de embarcacións.
Villaverde puxo en valor estas festas como referente do vínculo entre o mar e os lugares costeiros, que axudan a conservar as nosas tradicións mariñeiras que avogan pola protección dos homes e mulleres do mar.